miércoles, 1 de abril de 2020

Soluciones a las actividades del martes

Lingua galega
1 c) Que era a menor das irmás.
2 • 2. Cansado de facer algo ou enfastiado por ter que facelo. • Resposta aberta.
3 Arder → ardente. Asistir → asistente. Valer → valente. Descender → descendente. Relucir → relucente.
Reflexiono 4 • Na viñeta 9, trátase dun globo ou bocadillo de «berrar». A súa forma indica que o personaxe está moi enfadado e fala a gritos.
• Resposta aberta. Suxestión: «PLOF!» → Viñeta 6 (a coroa cae na auga). «Ai!» → Viñeta 6 (interxección de dor do pobre parrulo). «Snif» → Viñeta 5 (Sabela está moi triste). «Blum!» → Viñeta 9 (a porta bate contra a parede).
• Neses casos fala o narrador da historia, como nas viñetas 1, 2, 3 e 4.
5 • Aparecen doce personaxes diferentes: as tres princesas, o rei, o pato, cinco serventes diferentes (viñetas 2, 3, 4, 7), dúas criadas ou serventas (viñeta 7) e mais un «personaxe colectivo» na última viñeta, que é a garda real.
• Só aparecen os nomes propios das tres princesas: Dorotea, Rosalinda e Sabela.

Ciencias naturais
Actividade 14: Os materiais empregados son:
• O formigón, que forma unha estrutura moi resistente en cimentos, en vigas e como recubrimento da estrutura metálica.
• Ladrillos de arxila ou doutros materiais illantes máis modernos.
• Cristais transparentes que permiten a luminosidade nos interiores.
• Tubaxes de plástico, cobre e outros materiais impermeables.
• Madeira illante ou cerámica fácil de limpar para o revestimento interior...
Actividade 15: Un material é illante cando impide que se transmita a calor. Son illantes os ladrillos, a madeira e o plástico.
Actividade 16:
Os ladrillos a e c son de arxila; o ladrillo a é un ladrillo tradicional compacto, mentres que o c está perforado, polo que coa mesma cantidade de arxila se pode fabricar un ladrillo maior. O ladrillo b é de formigón, unha mestura de area, cemento e auga, e é máis resistente.
Os tres ladrillos teñen distintos usos. Os de tipo a adóitanse empregar en exteriores; os de tipo b, en entreplantas e naves, e os de tipo c en interiores e tapias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario