Estimados pais/nais:
Ante a decisión da Xunta de Galicia de pechar os colexios
durante, a lo menos, 14 días quero comunicarvos o seguinte:
- Como docente non dispoño de ningunha información
adicional á que poidades ter vós. É dicir, só sei o que sae nos medios de
comunicación (prensa, radio, Tv). Ata o momento a Consellería non se puxo en
contacto nin cos mestres nin cos centros para indicarnos o que temos que facer,
polo que, de momento, cada mestre fará o que considere oportuno dentro das súas
posibilidades.
- Onte, en previsión de que a Xunta tomase a decisión que
finalmente tomou, xa informei aos vosos fillos e fillas do que tiña pensado
facer eu e do que penso que debían facer eles. Basicamente consiste en:
1.- Onte levaron todos os libros do 2º trimestre para a
casa e os que veñan hoxe levarán os do terceiro.
2.- Creei un blog https://quintoacanicouva.blogspot.com/ (tamén terá un enlace dende a web do cole) no que
diariamente (días lectivos) direi as páxinas do libro que teñen que ler e
“estudar”, as actividades que teñen que facer e as solucións das actividades do
día anterior (para que eles mesmos se corrixan).
Se podo, porei enlaces a libros de 5º de E.P. (aínda que
non sexan os nosos) e a algunha web con xogos educativos.
O obxectivo é que manteñan unha mínima actividade
académica e que tamén estean algo entretidos: o primeiro día seguro que están
de festa pero co paso do tempo vanse aburrir.
Todo o anterior fareino dentro das miñas posibilidades e
sempre e cando a Xunta non dite outras instrucións .
Na asignatura de Inglés a mestra comunicoume que no seu
blog de inglés http://englishblogcanicouva.blogspot.com/ poden atopar unha pestana na que poden acceder ao seu
libro e outra con enlaces para practicar exercicios, xogos, etc. Nos días que
tivesen inglés poralles indicacións do que deben facer.
Un saúdo. O
titor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario